luns, 10 de novembro de 2025

11 de novembro - Día das Librarías 2025 📚


O 11 de novembro celebramos outra edición do Día das Librarías, e xa temos a imaxe para a ocasión. María Altuna, que tamén creou o cartel de CEGAL para o Día do Libro deste ano, é a autora de "Fánnos florecer".

"Neste Día das Librarías, celebramos estes espazos que nos invitan a ler, descubrir e conectar. Grazas ao traballo dos libreiros, que con paciencia e dedicación nutren historias, ideas e soños, a imaxinación medra e toda a comunidade lectora florece. Cada historia da libraría acéndese coma un vagalume, iluminando a curiosidade e o desexo de aprender.

Día das Bibliotecas 2025: Contra a DESINFORMACIÓN


Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2025.   
 
O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na loita contra a desinformación.
 
As bibliotecas combaten a desinformación non só a través dos seus recursos, como as coleccións de libros e prensa ou as bases de datos, senón tamén a través dun uso adecuado das novas tecnoloxías. E, por encima de todo, as bibliotecas son un dique de contención contra a desinformación grazas ao seu persoal bibliotecario, que traballa como curador de contidos e apoio aos usuarios na procura de información a través de fontes fiables e contrastadas. 
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio,  lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida. O seu traballo de deseño e planificación de actividades e servizos desenvólvese cunha perspectiva de Axenda 2030 poñendo o foco en que ninguén das nosas comunidades educativas debe quedar atrás.
 
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.  
 
 
#DíaDasBibliotecas #DíaDasBibliotecas25 #ContraaDesinformaciónBibliotecas 


 

📝Normas importantes da hora de lectura📚 no IES SANXILLAO

 


📝Normas importantes da hora de lectura📚 no IES SANXILLAO. Curso 2025-26

Calendario del libro y la lectura 2025


Este es el calendario 2025, con las fechas más destacadas alrededor del libro y de la lectura. Entre otras conmemoraciones, celebramos el Día de la Ilustración (30 de enero), homenajeando a Xosé Vizoso; el Día de las Letras Gallegas (17 de mayo), centrado en el Cancionero popular gallego; o el Día de la Lectura (3 de noviembre), coincidiendo con el aniversario del nacimiento de Xosé Neira Vilas y presentamos las novedades de este año