mércores, 26 de xaneiro de 2022

TODAS AS NOVIDADES SEMANÁIS NO NOSO INSTAGRAM E TIKTOK!!

 Xa visitaches o noso perfil en Instagram e TikTok??

Pois alí podes atopar todas a novidades e recomendacións semanais, información relevante e máis cousiñas! Deixámosche as ligazóns:

INSTAGRAM: @bibliotecasanxillao

TIKTOK: @bibliotecasanxillao1



Día da Ilustración (30/1/2022)

 O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Reimundo Patiño.

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).



A NOSA BIBLIO!

Neste curso a nosa biblioteca medrou con incorporacións moi interesantes, xa visitaches a nosa biblio?