luns, 16 de decembro de 2019

NADAL 2019


    Chegou o Nadal á nosa biblioteca



          A parte da nosa árbore de autores, hai moitas cousiñas que xa nos están lembrando que estamos a piques de chegar ás vacacións...




    ´  


                

      Pero sobre todo temos moitas novidades incorporadas á biblioteca nesta primeira avaliación, que son o mellor xeito de pasar un Nadal de lecturas: Nadal de lecturas saborosas.

Novela gráfica, novela en galego...

Novidades relacionadas coas matemáticas...

As últimas novidades en novela...

Cómic, manga, novela gráfica histórica...


Matemáticas, cociña...

         E para que te animes, no primeiro andar temos una exposición con algunhas destas novidades para que lles botes unha ollada e te animes ás Lecturas de Nadal. 






E fixemos tamén un concurso de microrrelatos de Nadal.







Desde a Biblioteca do IES Sanxillao desexámosvos a toda a comunidade educativa unhas boas festas e un Nadal del Lecturas Saborosas.









xoves, 28 de novembro de 2019

FEMINISMO: TEORÍA E HISTORIA



        


       Feminismo para principiantes de Nuria Varela e ilustrado por Antonia Santolaya axúdanos a coñecer conceptos fundamentais do feminismo, a través dun formato atractivo e moi visual. 

venres, 15 de novembro de 2019

NOVEMBRO 2019

     Javier Cercas gañou con Terra alta o Premio Planeta neste ano 2019.  A novela é un thriller que se centra na investigación duns asasinatos terribles na comarca de Terra Alta. Partindo deste suceso, o autor fai unha narración áxil, cuns personaxes que reflexionan sobre a xustiza e a lexitimidade da vinganza. 


      Orange é unha serie de manga de seis volumes, ilustrada por Ichigo Takano, que narra as aventuras dunha rapaza de 16 anos, Naho. A historia comeza cando Naho recibe unha carta de como será a súa vida no futuro, escrita por ela mesma. 











   


  Ampliamos a nosa colección de Dragonball con outros tres volumes, nos que poderás seguir coñecendo as aventuras de Son Goku.













       



    Feminismo para principiantes de Nuria Valera e ilustrado por Antonia Santolaya axúdanos a coñecer conceptos fundamentais do feminismo, a través dun formato atractivo e moi visual. 








      Carrusel de Berta Dávila foi o Premio García Barros 2019. O libro é unha historia de autosalvación dunha escritora que atravesa unha crise creativa. 







     Iridium de Francisco Castro é unha historia de amor, pero tamén de inxustizas, de amizades, da hipocresía das apariencias, e tamén unha obra que pon en valor a riqueza da diversidade; e todo isto contado a través das vivencias dunha instagramer que cursa primeiro de Bacharelato. 






     Senlleiras de Antía Yáñez foi o Premio Narrativa Illa Nova 2018. É unha novela de mulleres que rachan co silencio, a través da que podemos reflexionar sobre a violencia que sofren as mulleres en épocas diferentes.




    



    Quérote. Eu tampouco é a primeira novela de Cecilia F. Santomé. É unha novela áxil a través da que viaxamos por historias de amor, de desamor, de soidade e de marxinación, e que nos deixa unha historia aberta para que a imaxinación dos lectores faga o resto. 








     A editora Alvarellos fai unha edición facsimilar e ilustrada dos poemas de Federico García Lorca escritos en galego, na que se incorporan as fotografías do poeta en Galicia. 









         Amigos robots sitúase nunha sociedade futura na que os robots se converten en servidores dos seres hu0manos, suplindo mesmo incluso as súas carencias afectivas. 






     Robot permítenos coñecer como funcionan as máquinas e como están feitas; desde o robot que busca persoas nunha catástrofe, pasando polo que empaqueta alimentos ou o robot que se usa con fins médicos. 







         Soñan os androides con ovellas eléctricas? é unha obra de culto no xénero de ciencia ficción; o autor sitúanos ante un planeta Terra devastado por unha guerra nuclear e cuberto por unha nube radiactiva. Unha historia que nos permitirá cuestionarnos aspectos como os límites entre o natural e o artificial, así como a decadencia da sociedade. 









        Introdución ás relatividades de Einstein é unha obra para reflexionar sobre principios da relatividade, partindo de Einstein ata chegar ás últimas teorías da Cosmoloxía moderna. 





     

     Este libro é unha homenaxe a 90 mulleres inventoras, imprescindibles na nosa historia xa que os seus inventos transformaron a nosa vida cotiá. Cun formato moi visual, incorpora ilustracións en acuarela dos seus retratos e os seus inventos. 








     Con estes dous libros poderemos coñecer como funcionan elementos habituais na nosa vida (microondas, GPS, coche eléctrico...), así como descubrir como será a nosa vida cotiá nun futuro próximo.

 








    O libro preséntanos conceptos básicos do mundo da electrónica, da robótica e da programación con Scratch dun xeito práctico e visual a través de experiencias prácticas. É pois, unha introdución ao pensamento computacional. 









        Grupo de libros relacionados coas matemáticas, que nos permitirán coñecer a súa historia a través dos seus símbolos, comprender a importancia das matemáticas a través dos contidos de Bacharelato, ou ler entretidos contos con ilustracións. 





        Esta obra de Jonathan Safran Foer invítanos a reflexionar sobre como podemos modificar os nosos hábitos de consumo de comida e sobre se iso pode axudar a previr o cambio climático. 









luns, 11 de novembro de 2019

CONMEMORACIÓN CAÍDA DO MURO DE BERLÍN

             

       O pasado sábado 9 de novembro de 2019 foi o trinta aniversario da Caída do Muro de Berlín. Animámoste a que te pases pola Biblioteca para coñecer algún dos libros ou películas que temos e que che permitirán coñecer mellor este acontecemento histórico trascendental. 
















      Os Departamentos de Alemán, Filosofía e Historia organizaron actividades para recordar este acto. 
Velaquí tes un vídeo coas actividades deste día.








domingo, 3 de novembro de 2019

PILAR PALLARÉS, PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2019

Pilar Pallarés

A poeta galega, Pilar Pallarés, acaba de recibir o Premio Nacional de Poesía polo súa obra Tempo Fósil. O xurado valorou desta obra a súa capacidade para transmitir a experiencia da perda e a destrución do vivido. 

Podes coñecer máis claves do libro nesta entrevista da autora. 





domingo, 27 de outubro de 2019

OUTUBRO






Dolores Redondo volve ao val de Baztán para abrir unha nova investigación da inspectora Amaia Salazar.






Finalista do Premio Nadal 1994, este libro converteuse nun icono de toda unha xeración.










Novela gráfica do ano 2019 que narra a relación de amor entre dúas rapazas. 










Joe Sacco estivo nos anos 1991 e 1992 nos territorios ocupados de Palestina. Este libro é o resultado desa viaxe. 






Novela gráfica que narra a infancia e xuventude na Pensilvania rural da autora do libro, Alison Bechdel, centrándose na súa complexa relación co seu pai.










Novela situada na Guatemala de 1954, marcada polo golpe de Estado de Carlos Castillo Armas co trasfondo da Guerra Civil. 










Novela gráfica na que Tom Sandman, xornalista de guerra, viaxa ao Berlín de 1989 para contar os actos do 40 aniversario da RDA, pero o que vai vivir será a caída dun símbolo. 









Este libro asegura gargalladas a través dun dúo de ladróns sen vocación, tamén cun chisco de reflexión. 













Antoloxía de poemas sobre a paz de Antonio García Teijeiro.










A novela mistura espazos urbanos e rurais para contarnos unha trama de intriga con personaxes desarraigadas, esbozando tamén o tema de migración galega a Barcelona. 











Kiko da Silva, a través de Fiz, o neno que quería ser parado de profesión, ensínanos como se crea un cómic. 










Kiko da Silva introdúcenos nunha historia de trama abafante, a través da angustia dun creador que non chega a publicar ningunha das súas obras.