Neste libro atoparás as principais técnicas de cociña, trucos e preparacións explicados a través da ciencia.
Inma López presenta en O libro da filla un thriller político, social e intimista que nos levará a través dunha investigación xornalística a coñecer un caso de abusos no seo da familia.
Care Santos publica Deseo de chocolate, unha novela na que a través da historia de tres mulleres percorremos tres séculos que nos levarán a coñecer tamén a historia da chegada do chocolate a Europa.
La mafia se sienta a la mesa permitiranos facer un recorrido pola historia da mafia desde 1738, ao mesmo tempo que coñecemos as receitas e comidas que realizaban para amenizar as súas celebracións.
A través desta novela gráfica coñeceremos a biografía persoal e científica de Marie Curie, unha científica que tivo que enfrontar dificultades especiais polo feito de ser muller. O libro inclúe fermosas ilustracións e fragmentos do seu diario persoal.
Escritos na Floresta-Árbores senlleiras na cultura chairega é unha obra de Ricardo Polín, escritor, filólogo e profesor de galego. O libro recolle as imaxes da mostra que temos neste momento no noso instituto, unha mostra que consta de 56 paneis, que recollen outras tantas árbores senlleiras de distintos sitios da Terra Chá.