venres, 10 de xaneiro de 2020

NOVIDADES XANEIRO 2020


      Nando López é un recoñecido autor de títulos destinados ao público xuvenil. En las redes del miedo é un thriller protagonizado por adolescentes no que o autor narra unha historia complexa que nos vai permitir reflexionar sobre os segredos que gardamos, sobre o acoso ou sobre o uso das redes sociais, entre outros temas.








LECTURAS RELACIONADAS CO MEDIOAMBIENTE

       A través deste conxunto de lecturas animámosvos a facer unha reflexión sobre a necesaria protección do medioambiente. Neste grupo de libros encontrarás argumentos para que reflexiones sobre as consecuencias do uso masivo e irresponsable de plásticos, un álbum sen palabras sobre os riscos da enerxía nuclear, unha galería de retratos de animais para promover a súa protección e conservación, unha novela que nos fai reflexionar sobre as consecuencias da deforestación ou un ensaio sobre a orixe dos nosos hábitos alimenticios. E todo isto co obxectivo de mirar con outras gafas para conseguir unha economía máis sostible

 




          En Mamá, quero ser Ziggy Stardust, a través das aventuras de Aine, Iria Misa lévanos por unha historia que nos permite reflexionar sobre o tema da transexualidade.
       Ellas también cuentan permitiranos coñecer a historia e as aportacións dalgunhas mulleres científicas. 
      Cuéntamelo todo é unha invitación á xuventude para que actúe de xeito responsable en temas relacionados coa sexualidade. 

       Adicción a novas tecnoloxías é o punto de arranque para facer unha auto reflexión entre a xuventude en relación co uso que lle dá ao que chamamos novas tecnoloxías. 



      Feminicidio de Carmen Adán é unha análise das consecuencias do patriarcado sobre a nosa sociedade e unha invitación a combatelo para que remate o feminicidio de mulleres. 





     Ám@me é un acercamento a cuestión referidas á sexualidade e á educación emocional da mocidade, nun intento de facernos entender que a amar apréndese. 



     Si quieres que te quieran é un libro de relatos que orbitan arredor do mundo culinario. 


         Cabalos e lobos de Pérez Lorenzo lévanos ao Vigo dos anos 70, pero tamén nos leva, a través das vivencias e segregos dos protagonistas, a facer un recorrido pola historia da súa familia ao longo dun século XX; un século marcado polo totalitarismo e a barbarie. 


           O Bestiario científico de Anxos Nogueirosa é o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. Ten varias tramas argumentais que nos levan ata o ano 1933 no Sanatorio Marítimo de Oza ou que nos recordan a importancia dos Bestiarios como compendios de animais fabulosos, todo isto recordando o traballo dalgunas mulleres galegas que foron pionerias no seu campo. 


      Mujeres en el deporte recórdanos os logros de cincuenta mulleres en diferentes disciplinas deportivas dende o século XIX ata a actulidade. 


    Os corpos invisibles é a historia de dúas mulleres con orixes moi difentes, pero cun obxectivo común: a liberdade persoal e o recoñecemento das mulleres que a sociedade inglesa en plena Revolución Industrial lles nega. 




       David Rubín preséntanos O salón de té do oso malaio, lugar no que Sigfrido, especialista en infusións e licores, levanta acta de relatos de amor e desamor. 





        Pedro Feijoo presenta Un lume azul, unha historia de corpos sen vida. Esta é unha novela de suspense, que nos vai arrastrando a través das súas páxinas e que seguro que non te vai deixar indifirente. 



      Guy Delisle describe en Pyongyang as súas vivencias na capital de Corea do Norte. A través desta novela gráfica descubrimos, con tono sarcástico e humorístico, o choque que para el supuxo un réxime ditatorial como o deste país. 


      La guerra civil española de Paul Preston en formato cómic adaptado por José Pablo García, fará máis comprensible para as novas xeracións unha etapa trascendental da historia recente de España. 




        Esta novela gráfica de Leonor, La leyenda negra permítenos coñecer a historia dunha muller que con quince anos se convertiu en raíña de Francia



       Estamos todas bien de Ana Penyas foi o Premio Nacional do Cómic 2018. Neste libro a autora fai unha homenaxe ás avoas a través da memoria histórica familiar da autora. 




       El Día 3 foi o Premio Nacional do Cómic no 2019. Conta a loita das familias que se viron afectadas no accidente de metro en Valencia o 3 de xullo de 2006



       Infelices é o debut como escritor de Javier Peña na que conta historias entrecruzadas de persoas preto dos corenta anos que teñen en común historias de infelicidade, pero tal vez desas experiencias poida nacer, no reencontro, unha experiencia feliz.  

   
      Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra. Neste libro Henrique Rabuñal a través de diferentes narradores achéganos a biografía lingüística, literaria e filolóxica do autor. 



       Amani é un conto infantil que nos conta a historia dun hipopótamo diferente, "rariño", que nos fará comprender que individuos diferentes hai en todas as especies e que é na diferenza onde está a riqueza social. 




   























































































xoves, 9 de xaneiro de 2020

DECEMBRO 2019




      A novela de Maria Nikolai La mansión de los chocolates sitúase en Stuttgart a principios do século XX. A obra xira en torno ás aventuras da protagonista, a filla dun próspero fabricante de chocolate, da que se espera que case e asegure a continuidade familiar. 








          Juan Gómez-Jurado é o autor español do thriller máis lido en todo o mundo. Antonia Scott ten unha intelixencia extraordinaria o que se convertirá tamén nunha maldición, posto que perdeu todo. Esta situación é o punto de partida desta obra que non te vai deixar indiferente. 








        Pamela Palenciano sobreviviu a unha relación de maltrato que durou toda a súa adolescencia, algo que nos conta neste libro, analizando, ao mesmo tempo, os roles de xénero e os mitos do amor romántico







              El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes conta o regreso emocional de Aleksy, un pintor con bloqueo artístico, á súa infancia como un xeito de recuperar a inspiración pero, sobre todo, para recompoñer a súa historia persoal. 









     
          Recordar contraseña é un libro de poemas con ilustracións a través dos que o autor te levará a emocións de amor, desamor, perda, pero tamén a temas máis actuais como o mal uso das redes sociais.









    O exército de fume é unha historia sobre a Galicia dos anos 40 que nos mergullará na resistencia contra o franquismo ou na importancia de Galicia como zona estratéxica na guerra submarina da II Guerra Mundial. 







































OS NOSOS MANGAS

        Nesta primeira avaliación do 2019 a nosa colección de mangas aumentou coa colección de Orange e con novos número da colección de Dragonball.



      E para que vos animedes a ler mangas, aquí vos deixamos unhas recomendacións para ler manga correctamente. Foron realizadas pola Biblioteca do CEIP Nosa Señora de Xuvencos.