xoves, 18 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

        Presentámosvos as nosas recomendacións lectoras para o verán. O Equipo da Biblioteca deséxavos un bo verán de lecturas!


xoves, 4 de xuño de 2020

NOVIDADES CURSO 2019-20








     Neste curso a nosa biblioteca medrou con incorporacións moi interesantes. Preme non enlace para consultalas. 

xoves, 14 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020.

      Neste ano 2020 no Día das Letras Galegas conmemórase a figura de Ricardo Carvalho Calero. Achegámosvos enlaces de interese para o alumnado e o profesorado sobre este autor. 
  

   No blog das Biblioteca Escolares hai moitos materiais para traballar sobre o autor.
   Preme no enlace para velos. 




        
       
      Neste enlace está un recurso educativo creado polo mestre David Rial e que ten como obxectivo coñecer a Ricardo Carvalho Calero.
Preme no enlace para velo. 





      

        No blog "A fiestra da mestra" tamén tedes acceso a outro xogo que vos vai permitir coñecer máis a figura de Carvalho Calero. 




     Na Biblioteca do IES Sanxillao elaboramos este pequeno vídeo cos datos máis destacados de Carvalho Calero. 









venres, 17 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO 2020


      O 23 de abril celebramos o Día do Libro, este ano diferente por estar nunha situación excepcional; mais, por iso mesmo os libros son máis necesarios que nunca para viaxar fóra das paredes das nosas casas. 


   
   Desde a Biblioteca do Sanxillao argallamos unha actividade para compartir as nosas lecturas destes días



xoves, 12 de marzo de 2020

PELÍCULAS

          Na nosa biblioteca hai moitas películas dispoñibles para uso do profesorado e do alumnado. 
   Preme no enlace para consultar a listaxe. 



xoves, 27 de febreiro de 2020

NOVIDADES MARZO 2020







        Neste libro atoparás as principais técnicas de cociña, trucos e preparacións explicados a través da ciencia









       Inma López presenta en O libro da filla un thriller político, social e intimista que nos levará a través dunha investigación xornalística a coñecer un caso de abusos no seo da familia. 







      Care Santos publica Deseo de chocolate, unha novela na que a través da historia de tres mulleres percorremos tres séculos que nos levarán a coñecer tamén a historia da chegada do chocolate a Europa









       La mafia se sienta a la mesa permitiranos facer un recorrido pola historia da mafia desde 1738, ao mesmo tempo que coñecemos as receitas e comidas que realizaban para amenizar as súas celebracións






       A través desta novela gráfica coñeceremos a biografía persoal e científica de Marie Curie, unha científica que tivo que enfrontar dificultades especiais polo feito de ser muller. O libro inclúe fermosas ilustracións e fragmentos do seu diario persoal





      

    Escritos na Floresta-Árbores senlleiras na cultura chairega é unha obra de Ricardo Polín, escritor, filólogo e profesor de galego. O libro recolle as imaxes da mostra que temos neste momento no noso instituto, unha mostra que consta de 56 paneis, que recollen outras tantas árbores senlleiras de distintos sitios da Terra Chá. 




















xoves, 6 de febreiro de 2020

NOVIDADES FEBREIRO 2020



       
       Irlanda sin ti de Sofía Rhei e Susana Vallejo é unha historia que nos amosa que a amizade se pode dar entre persoas con personalidades e condicións moi diferentes










          Inbox de Care Santos é unha historia entre unha adolescente e un descoñecido, unha relación que comeza a través dun correo electrónico. 










     Víctor Panicello describe en  Influencer a historia dunha adolescente influencer e as consecuencias que isto ten sobre a súa vida. 











           Soñar da serie Again céntrase no amor entre dúas persoas novas e as historias xiran arredor da súa relación e como esta se vai construíndo. 










     La madre de Frankenstein forma parten do ciclo Episodios de una guerra interminable de Almudena Grandes. É unha historia de amor que se converte nunca historia de redención que se desenvolve nun manicomio de mulleres, a través do que coñecemos o contexto represivo da España do franquismo.  

venres, 10 de xaneiro de 2020

NOVIDADES XANEIRO 2020


      Nando López é un recoñecido autor de títulos destinados ao público xuvenil. En las redes del miedo é un thriller protagonizado por adolescentes no que o autor narra unha historia complexa que nos vai permitir reflexionar sobre os segredos que gardamos, sobre o acoso ou sobre o uso das redes sociais, entre outros temas.








LECTURAS RELACIONADAS CO MEDIOAMBIENTE

       A través deste conxunto de lecturas animámosvos a facer unha reflexión sobre a necesaria protección do medioambiente. Neste grupo de libros encontrarás argumentos para que reflexiones sobre as consecuencias do uso masivo e irresponsable de plásticos, un álbum sen palabras sobre os riscos da enerxía nuclear, unha galería de retratos de animais para promover a súa protección e conservación, unha novela que nos fai reflexionar sobre as consecuencias da deforestación ou un ensaio sobre a orixe dos nosos hábitos alimenticios. E todo isto co obxectivo de mirar con outras gafas para conseguir unha economía máis sostible

 




          En Mamá, quero ser Ziggy Stardust, a través das aventuras de Aine, Iria Misa lévanos por unha historia que nos permite reflexionar sobre o tema da transexualidade.
       Ellas también cuentan permitiranos coñecer a historia e as aportacións dalgunhas mulleres científicas. 
      Cuéntamelo todo é unha invitación á xuventude para que actúe de xeito responsable en temas relacionados coa sexualidade. 

       Adicción a novas tecnoloxías é o punto de arranque para facer unha auto reflexión entre a xuventude en relación co uso que lle dá ao que chamamos novas tecnoloxías. 



      Feminicidio de Carmen Adán é unha análise das consecuencias do patriarcado sobre a nosa sociedade e unha invitación a combatelo para que remate o feminicidio de mulleres. 





     Ám@me é un acercamento a cuestión referidas á sexualidade e á educación emocional da mocidade, nun intento de facernos entender que a amar apréndese. 



     Si quieres que te quieran é un libro de relatos que orbitan arredor do mundo culinario. 


         Cabalos e lobos de Pérez Lorenzo lévanos ao Vigo dos anos 70, pero tamén nos leva, a través das vivencias e segregos dos protagonistas, a facer un recorrido pola historia da súa familia ao longo dun século XX; un século marcado polo totalitarismo e a barbarie. 


           O Bestiario científico de Anxos Nogueirosa é o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. Ten varias tramas argumentais que nos levan ata o ano 1933 no Sanatorio Marítimo de Oza ou que nos recordan a importancia dos Bestiarios como compendios de animais fabulosos, todo isto recordando o traballo dalgunas mulleres galegas que foron pionerias no seu campo. 


      Mujeres en el deporte recórdanos os logros de cincuenta mulleres en diferentes disciplinas deportivas dende o século XIX ata a actulidade. 


    Os corpos invisibles é a historia de dúas mulleres con orixes moi difentes, pero cun obxectivo común: a liberdade persoal e o recoñecemento das mulleres que a sociedade inglesa en plena Revolución Industrial lles nega. 




       David Rubín preséntanos O salón de té do oso malaio, lugar no que Sigfrido, especialista en infusións e licores, levanta acta de relatos de amor e desamor. 





        Pedro Feijoo presenta Un lume azul, unha historia de corpos sen vida. Esta é unha novela de suspense, que nos vai arrastrando a través das súas páxinas e que seguro que non te vai deixar indifirente. 



      Guy Delisle describe en Pyongyang as súas vivencias na capital de Corea do Norte. A través desta novela gráfica descubrimos, con tono sarcástico e humorístico, o choque que para el supuxo un réxime ditatorial como o deste país. 


      La guerra civil española de Paul Preston en formato cómic adaptado por José Pablo García, fará máis comprensible para as novas xeracións unha etapa trascendental da historia recente de España. 




        Esta novela gráfica de Leonor, La leyenda negra permítenos coñecer a historia dunha muller que con quince anos se convertiu en raíña de Francia



       Estamos todas bien de Ana Penyas foi o Premio Nacional do Cómic 2018. Neste libro a autora fai unha homenaxe ás avoas a través da memoria histórica familiar da autora. 




       El Día 3 foi o Premio Nacional do Cómic no 2019. Conta a loita das familias que se viron afectadas no accidente de metro en Valencia o 3 de xullo de 2006



       Infelices é o debut como escritor de Javier Peña na que conta historias entrecruzadas de persoas preto dos corenta anos que teñen en común historias de infelicidade, pero tal vez desas experiencias poida nacer, no reencontro, unha experiencia feliz.  

   
      Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra. Neste libro Henrique Rabuñal a través de diferentes narradores achéganos a biografía lingüística, literaria e filolóxica do autor. 



       Amani é un conto infantil que nos conta a historia dun hipopótamo diferente, "rariño", que nos fará comprender que individuos diferentes hai en todas as especies e que é na diferenza onde está a riqueza social. 




   























































































xoves, 9 de xaneiro de 2020

DECEMBRO 2019




      A novela de Maria Nikolai La mansión de los chocolates sitúase en Stuttgart a principios do século XX. A obra xira en torno ás aventuras da protagonista, a filla dun próspero fabricante de chocolate, da que se espera que case e asegure a continuidade familiar. 








          Juan Gómez-Jurado é o autor español do thriller máis lido en todo o mundo. Antonia Scott ten unha intelixencia extraordinaria o que se convertirá tamén nunha maldición, posto que perdeu todo. Esta situación é o punto de partida desta obra que non te vai deixar indiferente. 








        Pamela Palenciano sobreviviu a unha relación de maltrato que durou toda a súa adolescencia, algo que nos conta neste libro, analizando, ao mesmo tempo, os roles de xénero e os mitos do amor romántico







              El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes conta o regreso emocional de Aleksy, un pintor con bloqueo artístico, á súa infancia como un xeito de recuperar a inspiración pero, sobre todo, para recompoñer a súa historia persoal. 









     
          Recordar contraseña é un libro de poemas con ilustracións a través dos que o autor te levará a emocións de amor, desamor, perda, pero tamén a temas máis actuais como o mal uso das redes sociais.









    O exército de fume é unha historia sobre a Galicia dos anos 40 que nos mergullará na resistencia contra o franquismo ou na importancia de Galicia como zona estratéxica na guerra submarina da II Guerra Mundial.